Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24 de xullo de 2002, aprobou definitivamente a modificación do Plan Parcial de Ordenación PP-3 e acordos complementarios, sendo o teor do acordo o seguinte:

«Aprobada inicialmente polo Concello Pleno en sesión celebrada o 31 de xaneiro de 2002 a modificación do Plan Parcial de Ordenación Sector PP-3, Ponte das Cabras, e sometida a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia nº 43, do 28 de febreiro de 2002, La Voz de Galicia do 15 de febreiro de 2002 e taboleiro de anuncios do concello desde o 15 de febreiro ata o 3 de abril de 2002. Resultando que no prazo de información pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado do rexistro xeral. Visto o informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo con entrada no concello o 16 de xullo. Tendo en conta o informe do equipo redactor con data do 19 de xullo de 2002 sobre a emenda das deficiencias no documento refundido, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 4 de abril de 2002 en votación ordinaria e por unanimidade, estimou oportuno propoñer ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación do Plan Parcial de Ordenación Sector PP-3, Ponte das Cabras, incorporando ó documento refundido as correccións sinaladas no informe da Dirección Xeral de Urbanismo.

Segundo.-Publica-lo presente acordo e dar conta á Consellería de Política Territorial».

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 2 de setembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde