Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da realización dos talleres ambientais que se imparten den

tro do programa de actividades extraescolares municipais.

-Orzamento:

Por hora docente: 30,02 euros.

Máximo estimado por cada curso escolar: 11.707,42 euros.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 214, do 17 de setembro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e na páxina web http/www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 18 de setembro de 2002.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde