Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

DECRETO da alcaldía.

No BOP de Ourense nº 182, do 9 de agosto de 2002, publicáronse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Bande para prover, mediante oposición libre unha praza de escala Administración xeral, subescala auxiliar, vacante no cadro de persoal funcionario.

As persoas interesadas poderán presenta-las súas solicitudes no prazo de 20 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Bande, 11 de setembro de 2002.

Amador de Celis Suárez

Alcalde