Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4-9-2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación norte-26 (rúa Angelo Colocci, rúa Avetarda, rúa Túnel do Oural), promovido por Promociones Reiseñor, C.B.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese á información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Rolda da Muralla, nº 197), e presentárense as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de setembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área