Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite urxente, para proceder á contratación de varios servicios de limpeza e transporte en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,

RESOLVE:

Anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite urxente, en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: varios servicios de limpeza e transporte.

-Expediente nº 22: servicio de limpeza no centro social de Baiona, sito en Bª Anunciada, s/n de Baiona.

* Orzamento base de licitación: 32.935,92 A (trinta e dous mil novecentos trinta e cinco euros con noventa e dous céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 23: servicio de limpeza do centro social de Bouzas, sito no Recheo de Bouzas, s/n de Vigo.

* Orzamento base de licitación: 35.973,12 A (trinta e cinco mil novecentos setenta e tres euros con doce céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 24: servicio de limpeza do Fogar do Maior de Pontevedra, sito na Alameda, nº 6 de Pontevedra.

* Orzamento base de licitación: 60.719,04 A (sesenta mil setecentos dezanove euros con catro céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 25: servicio de limpeza da Residencia Asistida do Maior, sito en Monte Arieiro, s/n de Vigo.

* Orzamento base de licitación: 47.721,84 A (corenta e sete mil setecentos vinteún euros con oitenta e catro céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: non se esixe.

-Expediente nº 26: servicio de limpeza da Residencia do Maior de Vigo, sito no Meixoeiro, s/n de Vigo.

* Orzamento base de licitación: 138.509,40 A (cento trinta e oito mil cincocentos nove euros con corenta céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

-Expediente nº 27: servicio de transporte para os usuarios de centro ocupacional O Saiar, sito en Chan de Prados, s/n-Saiar en Caldas de Reis.

* Orzamento base de licitación: 123.135,60 A (cento vintetrés mil cento trinta e cinco euros con sesenta céntimos).

* Prazo de execución: 2 anos contados a partir da data de formalización do contrato.

* Clasificación de empresas: grupo R, subgrupo 1, categoría A.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se esixe.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra en Vigo.

b) Domicilio: r/ Concepción Arenal, nº 8-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 76 31 e 986 81 72 13.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborais excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día do prazo é domingo ou festivo entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra (no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia).

-Domicilio: r/ Concepción Arenal nº 8.

-Localidade e código postal: Vigo, código postal 36201.

d) Prazo durante o cal o licitador estará na obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Domicilio: r/ Concepción Arenal nº 8-2ª planta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, domingo ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: ás 9 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 2 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Pontevedra