Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de setembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.236.486 e catro máis).

Advertidos varios erros na devandita resolución, cómpre face-las oportunas rectificacións que modifican o prazo de admisión das proposicións económicas e as datas de realización das mesas de contratación:

No punto 4.f) Data límite de obtención de documentos e información, onde di: «17 de outubro de 2002», debe dicir: «o décimo terceiro día natural

contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de corrección de erros».

No punto 6.a) Data límite de presentación, onde di: «17 de outubro de 2002», debe dicir: «o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio de corrección de erros, ás 14 horas».

No punto 7.d) Data, onde di: «31 de outubro de 2002», debe dicir: «22 de outubro de 2002».

No punto 8. Outras informacións. Apertura do sobre A, onde di: «24 de outubro de 2002», debe dicir: «15 de outubro de 2002».