Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo e de referencia OU 400/2002 IN e cinco máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que

se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 13 de setembro do 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte./AnoDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU 400/2002 INAgustín Rodríguez Rodríguez

DNI: 34605097

Ribeiro

32840 Bande

Abandono de vehículo

PO-5812-D

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 297/2002 INValdeorras de Pizarras, S.A.

CIF: A-27030048

Las Meclas

27320 Quiroga

Abandono de vehículo

LU-4762-I

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 395/2002 INManuel Eladio Orozco Guerra

DNI: 34112347

Arturo Soria, Nº 313

28033 Madrid

Abandono de vehículo

CA-7002-A

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 401/2002 INPlacer Barrio Opazo

DNI: 34935159

Calderón de la Barca nº 81-2º

08032 Barcelona

Abandono de vehículo

ZA-4802-A

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 414/2002 INRamón Seijas Penas

DNI: 33792007

Vigueira de Cobas

32750 Montederramo

Abandono de vehículo

OR-5692-F

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 426/2002 INJosé Antonio Sánchez López

DNI: 36063771

Alcalde Lavadores nº 62-1º

36214 Vigo (Pontevedra)

Abandono de vehículo

PO-2503-J

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e I. forestais300,51 A

(50.000 ptas.)