Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador S-15/2002 incoado a Abelardo Esmorís Calviño.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícase a Abelardo Esmorís Calviño a resolución do delegado provincial de Sanidade de Lugo, do 18 de xullo de 2002, despois de se ter intentado a notificación desta por dúas veces no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, na rúa Montevideo, nº 9, Lugo.

A sanción imposta, o prazo de ingreso e o procedemento de pagamento figuran no anexo.

Lugo, 2 de setembro de 2002.

Dámaso López Rodríguez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: S-15/2002.

1. Denunciado: Abelardo Esmorís Calviño, DNI: 32395919.

2. Último domicilio coñecido: lugar de Fonteculler, nº 12, 2º D, 15174 Culleredo (A Coruña).

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias do transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada que ten atribuída a Dirección Xeral da Garda Civil-Comandancia de Lugo-Posto de Barreiros, procedeuse á inspección do vehículo conducido por Abelardo Esmorís Calviño, levantando o boletín de denuncia saída 63, expte. 7/2002, do 4 de xaneiro de 2002, no que se constata a existencia das seguintes irregularidades:

-Realizar transporte de alimentos e productos alimenticios na caixa dun vehículo que non estaba perfectamente limpa, de xeito que se poidan altera-las condicións dos productos.

-Transportar nun vehículo frigorífico alimentos e productos alimenticios conxuntamente con outros productos que non teñen o carácter de alimentario.

-Transportar ourizos de mar levando encima deles unha tapa de plástico negro utilizada para cubri-lo motor debaixo da furgoneta, tapa que estaba manchada de aceite.

Resultado das citadas inspeccións, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo incoou expediente administrativo sancionador nº S-15/2002 mediante Resolución do 26 de febreiro de 2002, por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables ó transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1. do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigos 6.1º e 12.8º do Real decreto 2483/1986, do 14 de novembro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada; puntos 1º e 2º do capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; e puntos 5º e 6º do capítulo VIII do anexo do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros

e da acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro).

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, debe cualificarse como leve.

6. Sanción imposta: cento vinte euros con vinte céntimos (120,20 A).

7. Prazo de ingreso: de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, Regulamento xeral de recadación, do 20 de decembro, o dito prazo é o seguinte:

As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

As sancións notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

Se, non obstante, deixase transcorre-los prazos indicados, seralle esixido o ingreso en vía executiva.

8. Procedemento de pagamento: de acordo coa Orde do 23 de novembro de 2001 da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións (DOG nº 235, do 5 de decembro), o pagamento efectuarase mediante ingreso na entidade Caixa Galicia, conta contable 840-código 001 ou na entidade Caixanova, Recadación Xunta-modelo XTAX.

9. Recurso procedente: en cumprimento dos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado dispón do prazo dun mes, desde a publicación desta resolución, para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS