Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Confederación General del Trabajo de Galicia (CGT).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 22 de agosto de 2002 a acta da asemblea xeral extraordinaria realizada o día 13 de xullo de 2002, na que se reflicten os acordos acadados na dita asemblea e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta da asembla xeral extraordinaria, Elena Penas Pampín e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais