Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.074

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (92/2002).

Francisco Rascado González, secretario substituto deste Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, testemuña que nestes autos de xuízo verbal de desafiuzamento nº 92/2002 se dictou a seguinte resolución:

«Sentencia. Vigo, vintenove de maio de dous mil dous.

José Manuel Couñago Garrido, maxistrado-xuíz substituto de primeira instancia número oito de Vigo e o seu partido, vistos estes autos de verbal desafiuzamento falta pagamento 92/2002, seguidos perante este xulgado, entre partes seguintes:

Demandante: Francisco Javier Martínez Campos, representado polo procurador José Marquina Vázquez e defendido pola letrada Eva Quiros Parapar.

Demandado: El Olivo de Vigo, S.L.

Versa o litixio sobre falta de pagamento de rendas do local sito na praza da Constitución, 12-baixo, Vigo.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Francisco Javier Martínez Campos, representado polo procurador José Marquina Vázquez contra El Olivo de Vigo, S.L., debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento que liga as partes, respecto do local sito na praza da Constitución, 12-baixo, de Vigo, apercibindo a parte demandada de lanzamento se non desaloxan o local dentro do termo establecido na lei, condenando a El Olivo de Vigo, S.L. ó pagamento das custas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar no prazo de cinco días por medio de escrito presentado ante este xulgado, conforme o disposto no artigo 455 e seguintes da LAC, facén

dolle saber ó recorrente do cumprimento do artigo 449.1º do mesmo precepto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, a modo de notificación de sentencia ó demandado El Olivo de Vigo, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo o dous de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado