Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.074

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2002 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso na escala auxiliar desta universidade, convocadas por Resolución do 10 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar desta universidade, convocadas por Resolución do 10 de xuño de 2002 (DOG do 2 de xullo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.

A Coruña, 30 de agosto de 2002.

P.D. (Resolución 31-7-2002)

Manuel González Sarceda

Vicerrector de Estudiantes