Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.073

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de setembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 30 de maio de 2002 (DOG nº 111, do 11 de xuño).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, anunciada pola Orde de 30 de maio 2002.

Segundo.-Adxudicarlles destinos nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación: xefe do Servicio de Proxectos e Construccións.

Código do posto: ED.C02.00.002.15770.006.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: B.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: corpo de facultativos de grao medio (arquitecto técnico).

Apelidos e nome: López Becerra, Javier.

Nº de rexistro persoal: 32.652.590.57.A2073.

Denominación: xefe Subárea de Desenvolvemento.

Código do posto: ED.C02.00.001.15770.080.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A.

Nivel: 26.

Corpo ou escala: corpo de profesores de ensino secundario.

Apelidos e nome: Vázquez López, Ramiro.

Nº de rexistro persoal: 33.319.628.68.A0590.