Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.075

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (671/2001).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nos presentes autos de xuízo verbal número 671/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Cristina Alvite Vázquez, contra Aaron Sande, S.L., Inem en reclamación de prestación, dictouse, con data dez de xullo de dous mil dous, sentencia, con decisión do teor literal seguinte:

«Que desestimando a demanda formulada por Cristina Alvite Vázquez contra o Instituto Nacional de Emprego, debo absolver e absolvo a entidade demandada do pedimento contido na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó da notificación da sentencia, debendo presenta-la entidade xestora, ó anuncia-lo seu recurso, certificación acreditativa de que comeza o aboamento da prestación e que o proseguirá puntualmente durante a tramitación do recurso, coa advertencia, de que de non se cumprir efectivamente este aboamento, porase fin ó trámite do recurso.

E para que sirva de notificación de sentencia a Aaron Sande, S.L., con domicilio en Fernando III O Santo, nº 13, baixo, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación».

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela, dous de setembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado