Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.068

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de setembro de 2002 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións.

Presentada renuncia por Jesús Ángel Viña Castiñeira como vocal titular en representación da Escola Galega de Administración Pública do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio), esta consellería, de conformidade co establecido na

base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-la renuncia de Jesús Ángel Viña Castiñeira como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións.

Segundo.-Deixar sen efecto o nomeamento de Carmen Guerrero López como vocal suplente do dito tribunal, que pasa a se-lo vocal titular en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Terceiro.-Nomear vocal suplente do tribunal, en representación da Escola Galega de Administración Pública a Víctor Carneiro Díez.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública