Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.069

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de setembro de 2002 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (persoal laboral fixo).

Convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 157, do 16 de agosto, para a cobertura de 26 prazas da Administración da Xunta de Galicia, da escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física (INEF) de Galicia, ocupadas por persoal laboral fixo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo citado proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Escala de profesores do INEF de Galicia.

Titular:

Presidente: Domingo Bello Janeiro, director da Escola Galega de Administración Pública.

Vocais:

Rosa Meijide Failde, directora do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.

Francisco Javier Sanz Larruga, profesor titular de dereito administrativo da Universidade da Coruña, en representación da EGAP.

Juan José Vázquez García, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Crisanto Jesús Lamela Rozas, xerente do INEF de Galicia.

Suplente:

Presidente: J. Eduardo López Pereira, director xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vocais:

José Luis Rodríguez-Villamil Fernández, catedrático de escola universitaria da Universidade da Coruña.

Marta García Pérez, profesora titular de dereito administrativo da Universidade da Coruña, en representación da EGAP.

Ricardo García Mira, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Julio Fraga Mato, funcionario da Xunta de Galicia.