Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto, tramitación urxente.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Boimorto.

2. Proxecto: elevación dunha planta na Casa do Concello de Boimorto.

3. Orzamento: 269.178 euros (IVE incluído), desagregado nas seguintes anualidades:

2002: 129.158 euros (IVE incluído).

2003: 94.944 euros (IVE incluído).

2004: 45.076 euros (IVE incluído).

4. Aplicación orzamentaria: 62201.1.

5. Clasificación: grupo C; subgrupos 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8 e 9; categoría c.

6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

7. Garantía provisional: 2% do orzamento do proxecto.

8. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Revisión de prezos: non procede.

10. Control de calidade: os gastos que se orixinen serán por conta do contratista ata un importe do 1% do orzamento de contrata da obra (IVE incluído).

11. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: os derivados da publicación nos seguintes medios.

a) Diarios oficiais: BOP, tarifa ordinaria; DOG, tarifa urxente.

b) Prensa: xornal La Voz de Galicia.

12. Apertura de ofertas económicas: terá lugar ás 12 horas do sétimo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

13. Outros datos: teléfono: 981 51 60 20.

Lugar para obter copias do proxecto e pregos: rexistro xeral do concello.

Modelo de proposición.

«D...., con domicilio en..., rúa... nº... teléfono..., con DNI nº... (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con domicilio en... nº... teléfono...) toma parte na poxa, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... euros (IVE incluído), que significa unha baixa de... euros en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En... o... de... de 200..

O licitador (asinado e rubricado)».

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de..., presentada por...

..., ... de... de 200..

Boimorto, 9 de setembro de 2002.

Luis Verea Taboada

Alcalde