Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria para a adquisición de aparellos médicos. (Expediente C.P. 38/2002).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) convoca o seguinte concurso.

* Expediente 38/2002:

1. Obxecto: subministración de aparellos médicos: estación de anestesia completa, ventilador infantil e polígrafo.

2. Orzamento: 72.500 euros, IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lei 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37. Fax: 986 81 60 29. Páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de la Lei de contratos das administracións públicas.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar o día hábil seguinte.

A data e o lugar do acto público no que se propoña a adxudicación, será debidamente anunciada polo órgano de contratación no taboleiro de anuncios do Hospital Xeral-planta 0 (artigo 58, 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

Vigo, 22 de agosto de 2002.

Manuel Sánchez Delgado

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo