Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 23 de agosto de 2002, anúnciase o concurso aberto, tramitación urxente, das obras de pavimentación e mellora da drenaxe de camiños en Reiriz, Vigo do Real e Vilachá. Sinais de orientación a núcleos do Concello de Samos.

Así mesmo, na dita sesión aprobouse o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que han de rexe-la contratación, o que se expón ó público polo prazo de catro días hábiles na secretaría deste concello, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Samos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: pavimentación e mellora da drenaxe de camiños en Reiriz, Vigo do Real e Vilachá. Sinais de orientación a núcleos do Concello de Samos, de acordo co proxecto técnico de Singla Ingeniería, S.L.

b) Lugar de execución: Samos.

c) Prazo de execución: dous meses desde a acta de comprobación de replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe da obra: 63.322,46 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Samos.

b) Domicilio: praza de España, s/n.

c) Localidade: Samos. CP 27620.

d) Teléfono: 982 54 60 02-982 54 61 72.

e) Fax: 982 54 61 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia. Se este fose inhábil, o seguinte hábil.

b) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Samos, das 9 ás 14 horas.

9. Documentación que hai que presentar.

A sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación na Casa do Concello de Samos, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Samos, 30 de agosto de 2002.

O alcalde

Rubricado