Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.000

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (128/2002).

Eu, Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico

que perante esta sección segunda se segue o rolo de apelación nº 128/2002, no que se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

(Apelación civil):

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída polos señores Abel Carbajales Santa Eufemia, presidente; Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, catro de xullo de dous mil dous.

Vistos en grao de apelación ante este sección segunda da Audiencia Pronvincial de Ourense os autos de menor contía 55/1999, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un da Pobra de Trives, ós que correspondeu o rolo 128/2002, nos que aparece como parte apelante León Mainer Saras e como apelados Banco Pastor, S.A., asistido polo letrado José Díaz Núñez e José Cuquejo Iglesias, Teresa Alonso García, Secundiino García Prada, Pilar Orozco Guerra e Rodolfo Orozco Guerra, non comparecidos, sobre tercería de dominio, e sendo maxistrado relator Fernando Alañon Olmedo,

Decidimos que estimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia de data 8 de xaneiro de 2002, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia da Pobra de Trives, debemos revogar esta, e na súa virtude, estímase a demanda dirixida contra ela. Non se lle impón a ningunha das partes o pagamento das custas do recurso e impóñense as custas da primeira instancia ó Banco Pastor, S.A.

Ó notificárselle esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, remitirase certificación do xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Abel Carvajales Santa-Eufemia, María Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo. Rubricados.

E para que así conste e lle sirva de notificación á parte apelada-non comparecida e ausente en paradoiro ignorado, Granitos Vianeses, S.A. e a herdanza xacente e os herdeiros e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no herdo do demandado Teolindo García Rodríguez, expido e asino esta cédula en Ourense o vinteseis de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CUATRO

DE LUGO