Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.000

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os puntos 1 e 2 da base quinta das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, prevén que, unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, esta división dicte unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así como a súa publicación.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño).

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde, e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos