Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.000

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Por resolución deste centro directivo do 21 de maio de 2002 (DOG nº 103, do 30 de maio), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Rematado o prazo previsto para emendar, se fora o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto no punto 4 da base quinta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas sinalando os lugares onde estas poder ser examinadas.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro).

Segundo.-As listaxes coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos