Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 13.999

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 17 de setembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de trece postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, anunciada por orde desta consellería do 3 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 134, do 12 de xullo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de trece postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais, mediante Orde do 3 de xullo de 2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 3 de xullo de 2002.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

Nº DNI ou NRPGrupoApelidos e nomeCódigo do postoDenominaciónNivelCentro destinoLocalidade

3326382613 A2059DMayo Lestón, ManuelaAs.C02.00.000.15770.001Secretario/a do/a secretario/a xeral18Secretaría xeralSantiago de Compostela

3325308813 A2060AGarcía Porto, JesúsAs.C02.00.001.15770.001Subd. X. de Persoal e Coordinación Administrativa30Subd. X. de Persoal e Coord. AdministrativaSantiago de Compostela

3325541546 A2060ATubío Villar, Víctor ManuelAs.C02.00.001.15770.010Xefe de Servicio de Persoal28Subd. X. de Persoal e Coord. AdministrativaSantiago de Compostela

3385599335 A2053CSobrado Moure, Jesús MaríaAs.C02.00.001.15770.012Xefe de sección de habilitación de nóminas25Subd. X. de Persoal e Coord. AdministrativaSantiago de Compostela

3329369035 A2060ACalviño Rodríguez, María CarmenAs.C02.00.001.15770.020Xefe de Servicio de Réxime Interno28Subd. X. de Persoal e Coord. AdministrativaSantiago de Compostela

3325284535 A2060ABarca Ramos, María ElenaAs.C02.00.001.15770.040Xefe de Servicio Técnico Xurídico28Subd. X. de Persoal e Coord. AdministrativaSantiago de Compostela

3590182735 A2060AJuanatey Rodríguez, José ManuelAs.C02.00.002.15770.030Xefe de Servicio de Autorización de Centros28Subd. X. de Administración e InspecciónSantiago de Compostela

3531421602 A2059DCrespo Iglesias, María RosarioAs.C03.00.000.15770.001Secretario/a do/a director/a xeral18D. X. do Maior e de Persoas con DiscapacidadeSantiago de Compostela

3244889757 A2060ASoutelo Ferro, María BeatrizAs.C03.00.001.15770.001Subdirector/a Xeral de Atención a Persoas Maiores30Subd. X. de Atención a Persoas MaioresSantiago de Compostela

3425025657 A2051BVázquez Vázquez, Purificación CruzAs.C03.00.001.15770.020Xefe de Servicio de Coordinación Sociosanitaria28Subd. X. de Atención a Persoas MaioresSantiago de Compostela

38764315AArenas Ponsa, JosepAs.C03.00.002.15770.020Serv. Equipamentos e Promoción da Accesibilidade28Subd X. de Atenc. a Persoas con DiscapacidadeSantiago de Compostela

32605487DOtero Vilar, Sara LuisaAs.C04.00.000.15770.001Secretario/a do director/a xeral18D. X. De Serv. Comunitarios e Inclusión SocialSantiago de Compostela

3385751568 A2060ALópez Seijas, Juan CarlosAs.C04.00.001.15770.001Subd. X. de Inclusión Social e Coop. coas Corpor. Locais30Subd. X. de Inclusión Soc. e Coop. coas Corpor. LocaisSantiago de Compostela