Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de corrección de erro na memoria do PERI UA-6 Sensat.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 2 de setembro de 2002, adoptou o acordo de clarificar e rectifica-lo erro material detectado na memoria do PERI C-SU-UA 6-Sensat, no punto Condicións particulares de ordenación das zonas D e E, punto C. Condicións de uso (páxinas C7 e C9) no sentido de precisar como posibles, no subpunto. 2. Garaxe aparcamento. 1. Anexo a outros usos, as categorías 1, 2, 3 e 4 (expte. 4104/411).

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos/as propietarios/as afectados/as descoñecidos/as, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

a) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 11 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo