Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de subministración de papel especial con destino á Imprenta Provincial. (Expediente 02/7518 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de papel especial con destino á Imprenta Provincial.

Lugar de entrega: Imprenta Provincial.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2002.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 107.525 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5ª planta, 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de setembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña