Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

CONCURSO para adxudica-lo Servicio de Axuda no Fogar.

O Concello de Tomiño aprobou o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no concurso para adxudicación do Servicio de Axuda no

Fogar. O mesmo exponse a pública información polo prazo de 8 días naturais desde a derradeira publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP para os efectos de presentación de reclamacións estando o citado expediente na secretaría do concello. Simultaneamente, ábrese o prazo de 13 días naturais para presentación de proposicións desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia. Deberá garantirse un número mínimo de horas totais de prestación de 5.200 horas no período de duración do contrato. O prezo de cada hora será como máximo de 8,78 A (incluído IVE). O que se fai público para xeral coñecemento.

Tomiño, 3 de setembro de 2002.

José Luis Fernández Lorenzo

Alcalde