Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 9 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxustar e adaptar rasantes e ordenar volumes de acordo coas especificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal en solo urbano sobre o ámbito territorial sometido á ordenanza de transformación 7-F10.01, sito no lugar de Marzán, promovido pola comisión xestora do dito ámbito.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP e comunicarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 LSG.

Terceiro.-Notificarlle a aprobación definitiva á comisión xestora do ámbito territorial.

Este acordo pon fin á vía administrativa e pódese interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 11 de setembro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo