Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello -na sesión realizada o día 22 de agosto de 2002-, o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerá o concurso por procedemento aberto, para adxudicar -mediante concesión- o uso privativo dunha edificación existente nas instalacións da piscina climatizada municipal, que estaría cualificada como ben de dominio público destinado a un servicio público, para a instalación e explotación dun bar-cafetería. Exponse ó público nas oficinas municipais, por un prazo de oito días hábiles, para efectos de reclamacións.

Transcorrido o dito prazo sen presentación de reclamacións -e de conformidade co disposto no artigo 122, número 2, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril-, ábrese un período de licitación por vinteseis días naturais para proceder á dita adxudicación, se ben esta licitación se aprazará canto resulte necesario, e así se fará público, no suposto de que se formulasen reclamacións contra o dito prego de condicións, o cal ten o seguinte contido:

1. Obxecto. A adxudicación en réxime de concesión administrativa do uso privativo dunha edificación de 110 metros cadrados aproximadamente, situada no lugar onde se encontran as instalacións da piscina climatizada municipal, que consta das seguintes partes diferenciadas: dous aseos, un almacén para gardar productos de limpeza, outro almacén máis, unha cociña e dous mostradores, todo iso destinado á posta en funcionamento e explotación dun bar-cafetería, durante seis días á semana, no mesmo horario de apertura e peche que o dos outros establecementos comerciais deste municipio de similar categoría.

2. Duración. Abranguerá un ano, con carácter improrrogable, contados a partir da posta en funcionamento da actividade para a prestación do servicio; o cal se efectuará no prazo dos dez días seguintes a aquel no que se practique a notificación do acordo de adxudicación.

3. Obligacións do concesionario. Estará obrigado a:

a) A presta-lo servicio de limpeza de toda a edificación na cal se presta o servicio obxecto desta concesión; que será realizada fóra do horario normal de apertura e peche das instalacións, con achega polo concesionario dos útiles e productos de limpeza.

b) A mante-las instalacións en todo momento en perfectas condicións de utilización, ornato e salubridade, realizando para iso e pola súa conta as reparacións precisas, logo de autorización da alcaldía; respondendo mesmo das deterioracións orixinadas polos usuarios.

c) A satisfacerlle ó concello anualmente o canon ó que se refire a cláusula seguinte.

d) A abandonar e deixar libre e baleiro á disposición do concello a edificación ó finaliza-la concesión, recoñecendo expresamente por esta cláusula a potestade do concello para acordar e executaren por si o lanzamento en caso contrario; tendo dereito a retira-los elementos non fixos que foran incorporados.

e) A mante-lo funcionamento do bar-cafetería durante os días que correspondan, tanto sexan laborais como

festivos, axustándose no horario ás disposicións que son de aplicación; debendo ter á vista do público -nun lugar visible- a lista de prezos.

f) A non esixirlles ós usuarios do servicio prezos superiores ós que resultaron autorizados pola Comisión de Goberno -no momento da adopción do acordo de adxudicación do concurso-, para a súa fixación terase en conta o prezo medio dos establecementos de similar categoría no municipio.

g) A ter exposta á vista do público a lista de prezos que fora autorizada; a cal poderá revisarse por resolución do alcalde, para cada sucesiva anualidade de prestación do servicio, por petición do adxudicatario, e con base nos incrementos de prezos do mercado.

h) A non traspasa-lo dereito de concesión, agás en caso de falecemento e a favor dos herdeiros forzosos, se os houbese, nas condicións establecidas na lexislación en vigor.

i) A proverse das autorizacións necesarias para rexentar este tipo de actividade.

j) Ó cumprimento das disposicións en materia laboral e de Seguridade Social, sanidade, protección na industria nacional e demais que atinxen á actividade; podendo en consecuencia valerse de persoal na explotación do servicio.

k) A non realizar ningunha obra nas instalacións obxecto desta contratación, salvo que pola natureza da explotación resultase procedente, en tal caso tería que ser autorizada polo alcalde -ou concelleiro en quen delegase- logo do informe do técnico municipal.

Á parte da dotación do mobiliario xa existente nas instalacións, calquera outro tipo de mobiliario será por conta do concesionario.

4. Canon. O concesionario satisfaralle ó concello un canon de 7.200 euros durante o ano de prestación deste servicio, que se fará efectivo a razón de 600 euros en cada unha das doce mensualidades que integran o período de duración, mediante o aboamento da dita cantidade na conta corrente que este concello ten aberta na Caixa de Aforros de Galicia, nos primeiros cinco días de cada sucesiva mensualidade.

A citada cantidade poderá ser mellorada á alza polos concursantes ou presenta-las súas propostas.

Na dita cantidade enténdese incluído o importe dos gastos de luz, auga e calefacción.

5. Rescisión. Se por razóns urbanísticas ou por calquera outra circunstancia de interese público, o concello tivese que rescindi-la concesión antes do seu vencemento, o adxudicatario verase privado dela polo prazo que reste da súa vixencia; percibindo en concepto de indemnización o importe da taxación dos prexuízos que se lle orixinen, que a falta de acordo será realizada en forma contradictoria.

6. Capacidade para contratar. Poderán acudir ó concurso tódalas persoas físicas ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica e profesional, e non estean incursos en ningunha das prohibicións para contratar e incompatibilidades establecidas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Proposicións. Os licitadores presentarán as súas proposicións axustadas ó modelo aprobado, referidas á contía que como canon se comprometen a satisfacerlle ó concello, tendo en conta que a dita contía non poderá ser inferior á sinalada na base 4ª.

Á dita proposición acompañarán a seguinte documentación:

a) Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha das prohibicións e incompatibilidades para contratar.

b) Xustificante de ter depositada a fianza provisional correspondente.

c) Memoria descritiva do xeito de realiza-la instalación, con expresión do cadro de prezos aplicables en principio das principais consumicións que se prevé subministrar, e indicación, se é o caso, do día semanal de descanso proposto.

d) Fotocopia cotexada do número de identificación fiscal, ou do CIF.

e) Copia da escritura de apoderamento debidamente verificada na súa suficiencia, no suposto de que actúe por representación.

8. Presentación de proposicións. A presentación de proposicións -axustadas ó modelo que figura neste prego de cláusulas administrativas particulares-, xuntamente coa documentación esixida, presentarase no rexistro xeral do concello calquera día hábil, en horas de nove a catorce, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte a aquel no que rematara o prazo dos oito días hábiles de exposición ó público, para reclamacións, deste prego de cláusulas no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Modelo de proposición

«Don/a..., veciño/a de..., con domicilio en..., con DNI número..., actuando en nome propio (ou, se é o caso, en representación de..., con domicilio en..., e CIF número...) fai constar.

1. Que solicita a súa admisión ó concurso convocado polo Concello de Arzúa, para adxudicar en réxime de concesión administrativa o uso privativo da edificación existente no lugar onde se encontran as instalacións da piscina climatizada municipal, para levar a cabo a posta en funcionamento e explotación dun bar-cafetería.

2. Que propón como canon ou prezo, o de... euros polo ano de duración do contrato, que fará efectivo en doce mensualidades sucesivas polo mesmo importe cada unha delas.

3. Que coñece e acepta plenamente o prego de cláusulas administrativas particulares, e cantas obrigas deriven deste.

4. Que acompaña á presente proposición a documentación esixida na base 7ª do citado prego.

Lugar, data e sinatura do/a licitador/a».

9. Documentación do expediente. O prego de cláusulas administrativas particulares y demais antecedentes do expediente estarán de manifesto na secretaría do concello para o seu exame, en horas de oficina, tódolos días que medien ata a apertura de plicas.

10. Fianzas. Os que dexesen concorrer ó concurso deberán consignar, na Tesourería Municipal, en concepto de

fianza provisional, a cantidade de 60,10 euros, a cal será devolta ós licitadores, logo de notificación do acordo de adxudicación.

Mentres que o licitador que resulte adxudicatario será requirido para que constitúa a garantía definitiva, dentro dos quince días seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación, por un importe equivalente ó 3% do valor do dominio público que será ocupado.

11. Apertura de plicas. A apertura de plicas terá lugar o seguinte día hábil ó remate do prazo de presentación de proposicións, ás trece horas deste no salón de sesións da casa do concello, ante a mesa de contratación constituída para o efecto, que deberá de estar integrada polos seguintes membros:

* Presidente: o alcalde.

* Secretario: o funcionario José Manuel Vázquez García.

* Vocais: o concelleiro con delegacións en materia de obras Ramón Quintela Seoane, o secretario Juan Colmenares López-Soldado e a interventora María do Pilar Souto Pan.

12. Discrecionalidade da adxudicación. A Comisión de Goberno, calquera que sexa o resultado da apertura de propostas, poderá declarar deserto o concurso ou adxudicalo a aquel dos licitadores que estime conveniente, sen atender exclusivamente ó contido económico da proposición, senón apreciando discrecionalmente o conxunto doutras circunstancias.

13. Sancións. Cando o adxudicatario incumprise ou cumprise defectuosamente as súas obrigas, poderá ser sancionado polo alcalde, logo de audiencia do interesado, con multas de ata 30,05 euros, segundo a gravidade da infracción; podendo chegar á rescisión, sen indemnización, en caso de extrema gravidade.

14. Extinción. A concesión extinguirase:

a) Polo cumprimento do prazo sinalado na base 2ª.

b) Por rescisión do contrato polo concello, debido a algunha das causas previstas na base 5ª.

c) Por renuncia unilateral do concesionario, que implicará a perda da fianza a favor do concello polos prexuízos ocasionados.

d) Por incumprimento das obrigas esenciais do concesionario nos termos previstos na cláusula anterior.

e) Por calquera outra das causas de extinción que sinalan as disposicións vixentes.

15. Interpretación. A interpretación do prego de condicións e do contrato que no seu día se formalice, así como de cantas dúbidas poida ofrece-lo seu cumprimento, corresponderá á Comisión de Goberno, de conformidade co artigo 144 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

16. Lexislación complementaria. En todo o non previsto neste prego, rexerá o establecido na Lei do réxime local, Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, Regulamento de bens das entidades locais, Regulamento de servicios das corporacións locais e demais disposicións que sexan de aplicación.

Arzúa, 30 de agosto de 2002.

Manuel Moscoso López

Alcalde