Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de espacios naturais relacionado no anexo e de referencia OU-01/02-CEN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (Diario Oficial de Galicia nº 171, do 4 de setembro).

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo empregando o impreso oficial que

se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 12 agosto de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-01/02-CEN.

Denunciado: Ricardo Felipe Rodrigues Montero.

DNI: 10389054.

Último enderezo coñecido: Canidelo-Vila Nova de Gaia (Portugal).

Feito denunciado: acampar sen autorización no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 3.5º f) do Decreto 29/1993, de declaración de parque natural e artigo 63.6º da Lei de conservación da natureza.

Sanción: 601,02 A.