Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-196/02-I relacionado no anexo, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso

de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 5 de agosto de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-196/02-I.

Denunciado: Vicente Peña Álvarez.

Último enderezo coñecido: Sobrado do Bispo, 32890 Barbadás (Ourense).

Feito denunciado: realizar unha queima de maleza sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.b) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da Dirección Xeral de Montes e Incendios Forestais.

Sanción: 90,15 A.