Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.921

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sementes de Galicia, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Sementes de Galicia, S.L. (código 2700822), da provincia de Lugo, asinado o día 24 de xuño de 2002, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

Esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de xullo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo da empresa

Sementes de Galicia, S.L.

Capítulo I

Cláusulas xenéricas

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións deste convenio obrigan a empresa e os traballadores de Sementes de Galicia, S.L., con domicilio social na provincia de Lugo, dedicada fundamentalmente á actividade de estudios ambientais e prestacións de servicio ambientais e agrícolas.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002 e finalizará a súa vixencia o 31 de decembro de 2004, con independencia da súa data de publicación no boletín oficial correspondente.

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

En todo o non recollido neste convenio serán de aplicación as normas legais xerais, en especial o Real decreto lexislativo 1/19995, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores e normas específicas aplicables sobre o particular.

Artigo 4º.-Denuncia.

Ó extinguirse o período de vixencia deste convenio, este considérase expresamente denunciado sen necesidade de efectuar ningún trámite.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio se establecen co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións persoais que, en cómputo anual, impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí comprendidas, mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación do disposto no artigo seguinte.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

As remuneracións e condicións de traballo que se establecen neste convenio substitúen e compensan, no seu conxunto, tódalas retribucións e emolumentos que viñesen percibindo os traballadores, con anterioridade á súa entrada en vigor, xa fose en virtude do establecido en ordenanza laboral, convenios colectivos, regulamentos de réxime interior, pacto individual ou concesión graciable da empresa, sen que en ningún caso o traballador poida sufrir diminución na retribución global que viñese percibindo.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible.

Artigo 8º.-Comisión mixta paritaria.

Para vixia-lo cumprimento do convenio e co fin de interpretalo cando proceda, constitúese unha comisión paritaria formada por dous membros da representación dos traballadores e outros tantos da representación da empresa.

Capítulo II

Tempo de traballo

Artigo 9º.-Xornada de traballo.

A duración da xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual.

A empresa poderá distribuí-la xornada establecida no parágrafo anterior durante o ano, mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade a todo ou parte do cadro de persoal da empresa, en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso, a distribución irregular da xornada respectará os períodos de descanso diario e semanal previstos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias as horas traballadas que excedan do cómputo mensual de xornada ordinarias previsto no artigo 9º (40 horas semanais de traballo efectivo en cómputo mensual).

As horas extraordinarias que se realicen serán compensadas, se o normal funcionamento da empre

sa e a organización do traballo o permiten, por tempos de descanso equivalentes, incrementados nun 20%.

En caso contrario, isto é, se non é posible a compensación por tempos de descanso, as horas extraordinarias realizadas aboaranse cunha recarga do 20% sobre o valor da horas ordinaria de traballo.

A empresa e os traballadores, de forma individual, poderán pacta-lo aboamento das horas extraordinarias con carácter preferente ó desfrute de tempos de descanso compensatorios malia non incidiren razóns de funcionamento da empresa e organización do traballo.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas, non susbtituíble por compensación económica, será de 30 días naturais.

A empresa procurará que os traballadores desfruten polo menos 15 días do seu período de vacacións anuais nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

A retribución das vacacións será a correspondente a unha mensualidade.

Artigo 12º.-Licencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón, sen prexuízo dos permisos e licencias que resulten de aplicación segundo o establecido no Estatuto dos traballadores:

a) Matrimonio, quince días.

b) Nacemento de fillo, tres días.

c) Falecemento, accidente ou enfermidade grave ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, tres días. Se cómpre desprazamento, catro días.

d) Traslado de domicilio habitual, un día.

e) Cumprimento de deberes públicos, polo tempo imprescindible.

f) Realización de funcións sindiciais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legalmente.

g) Realización de exames prenatais e técnicas de preparación de parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo, o tempo indispensable.

h) Lactación de fillo menor de nove meses, unha hora de ausencia ó traballo, que se poderá dividir en dúas fraccións, ou reducción da xornada en media hora coa mesma finalidade.

i) Coidado directo dun menor de 6 anos ou diminuído físico ou sensorial que non desempeñe actividade retribuída, reducción da xornada de traballo con diminución proporcional do traballo entre, polo menos, un tercio e a metade da duración daquela.

j) Coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valer

se por si mesmo, que non desempeñe actividade retribuída, reducción da xornada de traballo con diminución proporcional do salario entre, polo menos un tercio, e un máximo da metade da duración daquela.

k) Por asuntos propios, un día.

Artigo 13º.-Día da empresa.

Desígnase como día festivo para todo o persoal da empresa o día 15 de xuño, retribuído para tódolos efectos.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 14º.-Salario base.

Comprende, para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2002, os salarios que figuran para cada categoría profesional nas táboas salariais anexas.

Incrementos salariais.

Durante cada un dos anos de vixencia deste convenio, as táboas salariais incrementaranse sobre as táboas vixentes no período inmediatamente anterior, no IPC previsto polo Goberno para cada ano, máis 1 punto, no caso de que o IPC previsto sexa inferior a 2,5%, ou máis 0,5 puntos no caso de que o IPC previsto sexa igual ou superior a 2,5%.

Isto suporá que as táboas salariais anexas, con vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2002, sexan resultado de aplicar, sobre as revisadas correspondentes ó ano 2001, o incremento dun 3%.

Revisión salarial.

Durante cada un dos anos de vixencia deste convenio garántese un incremento de 1 punto sobre o IPC real estatal a 31 de decembro de cada ano en caso de que este sexa inferior a 2,5%, ou de 0,5% sobre o IPC real estatal a 31 de decembro en caso de que este sexa igual ou superior a 2,5%.

Se, como consecuencia da garantía sinalada, se producen diferencias con respecto ó incremento aplicado a principios de ano, tales diferencias aboaranse con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de cada ano, servindo de base tal incremento para o cálculo das táboas do ano seguinte.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Con carácter de complemento salarial aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, de xullo e Nadal, na contía, cada unha delas, dunha mensualidade.

A gratificación extraordinaria de xullo farase efectiva o día laborable inmediatamente anterior ó 25 de xullo e a de Nadal, o día laborable inmediatamente anterior ó 25 de decembro.

As gratificacións extraordinarias aboaranse en proporción ó tempo traballado, e cada unha delas ratearase en función do tempo traballado nos doce meses inmediatamente anteriores á data do seu aboamento.

A aqueles traballadores que veñan percibindo gratificacións extraordinarias por importe superior ó

resultante deste artigo, respectaráselle-la cantidade superior que viñesen percibindo.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Os gastos de manutención e pernoita que se xeren para o traballador como consecuencia dos desprazamentos que teñan que realizar con motivo do seu traballo, serán aboados pola empresa, logo da súa xustificación.

Artigo 17º.-Gastos de locomoción ou quilometraxe.

Serán por conta da empresa os gastos de locomoción propios que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, aboándolle ó traballador a compensación de 24 pesetas por quilómetro.

Capítulo IV

Acción social

Artigo 18º.-Complemento de incapacidade temporal (IT).

A empresa completará a prestación que o traballador perciba por estar en situación de IT ata o 100% do seu salario durante os 15 primeiros días da baixa, xa derive esta de enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente laboral.

Artigo 19º.-Asistencia sanitaria.

A empresa concertará, a prol dos traballadores con máis de dez anos de antigüidade na empresa, convenio de asistencia sanitaria coa Clínica Universitaria de Navarra.

Artigo 20º.-Póliza de seguro.

A empresa está obrigada a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro que cubra, en caso de accidente de traballo, os riscos de falecemento e invalidez permanente nos graos de absoluta e grande invalidez.

As contías da póliza referida ascenderán a 1.000.000 de pesetas, tanto no caso de falecemento coma no caso de invalidez absoluta ou grande invalidez.

Capítulo V

Outros acordos

Artigo 21º.-Prevención de riscos laborais.

As partes asinantes deste convenio, co obxecto de promover activamente a protección da saúde e seguridade dos traballadores, comprométense á aplicación da Lei de prevención de riscos laborais e a consegui-lo maior grao de seguridade no desenvolvemento da actividade.

Para tales efectos, a empresa comprométese a integra-la política de prevención no conxunto da súa actividade ó mesmo nivel cás súas políticas sobre outras materias.

Artigo 22º.-Recoñecementos médicos.

Sen prexuízo de cantas obrigas e criterios se establecen en canto á vixilancia da saúde no artigo 22

da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, a empresa estará obrigada á realización dos recoñecementos médicos que resulten necesarios segundo o plan de prevención que resulte da aplicación da normativa en materia de prevención de riscos laborais.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa subministraralle anualmente a cada traballador do grupo III a seguinte roupa de traballo:

-Catro camisetas.

-Tres fundas.

-Dous pares de luvas.

-Un traxe de augas.

-Un par de botas de seguridade.

-Material de protección adecuado para cada posto de traballo.

Se fose necesario, subministrarase máis roupa de traballo co visto e prace do responsable técnico.

É obriga dos traballadores mante-la roupa de traballo subministrada pola empresa en condicións adecuadas de presentación e limpeza, así como a súa utilización, especialmente o material de protección.

Artigo 24º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Os traballadores incluídos no ámbito persoal deste convenio colectivo, con 64 anos cumpridos, que desexen acollerse á xubilación especial co 100% dos dereitos, poderán facelo, e a empresa estará obrigada a concede-la dita xubilación e a substituí-lo traballador conforme o previsto no Real decreto 1194/1985, ou normativa que o substitúa.

Artigo 25º.-Contratación eventual do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de 12 meses nun período de 18 meses.

Capítulo VI

Categorías profesionais

Artigo 26º.-Organización do traballo.

A organización do traballo corresponderalle á dirección da empresa, respectando en todo caso os dereitos laborais que lles poidan corresponder ós traballadores en virtude da aplicación da normativa vixente ou en virtude da aplicación deste convenio.

Artigo 27º.-Grupos profesionais.

O persoal afectado por este convenio clasifícase, en función das súas aptitudes, titulacións e contido xeral da prestación laboral, nos seguintes grupos profesionais:

Grupo I.

Adscríbense a este grupo os titulados de grao superior e de grao medio, así como os directivos da empresa e xefes de sección.

Grupo II.

Adscríbense a este grupo os traballadores que, con maior ou menor grao de responsabilidade, realizan

os labores administrativos da empresa: mecánica administrativa, contables, etc.

Grupo III.

Adscríbense a este grupo os traballadores que, fundamentalmente, executan o traballo de índole material ou mecánico.

Grupo IV.

Adscríbese a este grupo o persoal subalterno que realiza labores tales como limpeza, vixilancia, ordenanza, porteiro.

Artigo 28º.-Categorías profesionais.

Nos grupos profesionais definidos no artigo anterior compréndense as seguintes categorías:

Grupo I.

Director xerente.-É o empregado que, con propia iniciativa e dentro das normas dictadas pola dirección da empresa, exerce funcións de mando e organización.

Técnico xefe.-É o titulado de grao superior ou medio (enxeñeiro ou enxeñeiro técnico) con responsabilidade de xefatura ou que, de forma permanente, exerce funcións de mando e responsabilidade directa sobre unha ou varias ramas da empresa.

Xefe comercial.-É o empregado que, á fronte da sección de vendas e propaganda e/ou publicidade da empresa, orienta, dirixe e dá unidade ó labor de comercialización.

Xefe de administración.-É o empregado que ten a responsabilidade directa, inspección, revisión ou dirección do traballo administrativo da empresa, así como o referente a obrigas formais da empresa e a revisión e preparación de toda clase de documentos ncesarios para o adecuado funcionamento do negocio.

Técnico.-É o titulado de grao superior ou medio (enxeñeiro ou enxeñeiro técnico), que desempeña as funcións propias do seu título profesional.

Técnico en prácticas.-É o titulado de grao superior ou medio (enxeñeiro ou enxeñeiro técnico), que formalizou coa empresa contrato de traballo en prácticas, podendo deste xeito adquiri-la experiencia práctica acorde cos seus coñecementos teóricos.

Grupo II.

Oficial administrativo.-É o empregado que exerce iniciativa e posúe responsabilidade no ámbito administrativo da empresa, con ou sen outros empregados ás súas ordes. Entre os labores que pode realizar cítanse a execución de traballos de cobro ou pagamento, facturas e cálculos destas, transcrición manual ou informática en libros contables ou doutro tipo, redacción de correspondencia e liquidacións e cálculos de nóminas.

Auxiliar administrativo.-É o empregado que realiza funcións administrativas elementais, mecánicas ou non, inherentes ós traballos de oficina.

Grupo III.

Encargado.-É o empregado que, ás ordes dun técnico ou xerente, reúne condicións prácticas para dirixir un grupo de profesionais ou peóns nos seus labores.

Oficial 1ª.-É o empregado que, tendo realizado a aprendizaxe coa debida perfección e adecuado rendemento, executa, con iniciativa e responsabilidade, todas ou algunha das tarefas propias deste, con productividade e resultados correctos, coñecendo as máquinas, os útiles e ferramentas que teña ó seu cargo para coidar da súa normal eficacia, engraxamento e conservación, poñendo en coñecemento dos seus superiores calquera desperfecto que observe e que poida diminuí-la productividade.

Asimílase ó oficial de 1ª o chofer ou conductor de 1ª que, tendo realizado a aprendizaxe coa debida perfección e adecuado rendemento, executa, con iniciativa e responsabilidade, todas ou algunha das tarefas propias desta categoría.

Oficial de 2ª.-É o empregado que realiza os mesmos cometidos asignados ó oficial de 1ª, cun rendemento ou grao de especialización menor ca este.

Asimílase ó oficial de 2ª o chofer ou conductor de 2ª, que realiza os labores de conductor cun rendemento ou grao de especialización menor có conductor de 1ª.

Peón especialista.-É o empregado que axuda á realización das tarefas encomendadas ós oficiais de 1ª e 2ª.

Peón.-É o empregado encargado de executar labores para a realización dos cales se require predominantemente a achega de esforzo físico.

Grupo IV.

Ordenanza/conserxe.-É o empregado que realiza funcións de vixilancia das portas e accesos da empresa, fai recados dentro e fóra da empresa, recolle e entrega correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polos seus superiores.

Limpador.-É o empregado que realiza os labores de limpeza das distintas dependencias e locais da empresa.

ANEXO I

Táboas salariais

(Vixencia desde o 1-1-2002 ata o 31-12-2002)

Categoría profesionalSalario base

mensual

Retribución

anual

Director xerente1.629,0722.806,98
Técnico xefe1.256,7217.594,08
Xefe comercial1.256,7217.594,08
Técnico837,8211.729,48
Técnico en prácticas698,199.774,66
Xefe administración1.070,5614.987,84
Oficial administrativo768,0110.752,14
Auxiliar administrativo651,639.122,82
Encargado791,2811.077,92
Oficial de 1ª721,4510.100,30
Oficial de 2ª651,639.122,82
Peón especialista628,378.797,18
Peón595,798.341,06
Ordenanza/conserxe595,798.341,06
Limpador5,87 ./hora

Nota.-Na categoría profesional de limpador, o salario hora inclúe a parte proporcional do descanso semanal e festivos.