Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.925

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Cementos Cosmos, S.A., factoría de Oural.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Cementos Cosmos, S.A., factoría de Oural (código 2700102), da provincia de Lugo, asinado o día 19 de xuño de 2002, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de xullo de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Décimo sexto convenio colectivo de traballo

para a empresa Cementos Cosmos, S.A.

Capítulo preliminar

Intervenientes

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito, dunha parte, polo comité de empresa da factoría de Oural de Cementos Cosmos, S.A., e doutra, polos representantes designados pola dirección da empresa. Ámbalas partes recoñécense a lexitimación esixida polos artigos 87 e 88 do Real decreto lexislativo 1/1995, do Estatuto dos traballadores.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Ámbitos

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo será de aplicación para os centros de traballo da factoría de Oural, canteira de Vilavella e canteira de Val do Mao da empresa Cementos Cosmos, S.A., na provincia de Lugo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da sociedade e que se

atope prestando os seus servicios dentro do ámbito territorial expresado no artigo anterior, así como a quen ingrese na sociedade do referido ámbito durante a súa vixencia, coa excepción do persoal que previamente á súa libre, voluntaria e expresa aceptación sexa considerado como persoal fóra de convenio, entendéndose por tal o persoal directivo. Este último, non obstante, poderá renunciar en calquera momento a esa condición e acollerse ó réxime de convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración. Denuncia.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2002.

Para a denuncia do convenio procederase cunha anticipación de trinta días como mínimo antes do seu vencemento. A dita denuncia será efectuada por calquera das partes e por escrito.

Sección segunda

Absorción, compensación e condicións

máis beneficiosas

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As melloras resultantes deste convenio serán absorbidas naquelas cuestións concretas que sexan superadas por disposición legal. Estas cuestións serán inmediatamente aplicadas ó presente convenio.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí comprendidas, mentres non sexan absorbidas ou superadas pola aplicación doutras normas laborais.

Sección terceira

Comisión paritaria e arbitraxe

Artigo 6º.-Comisión de vixilancia.

Para vixia-lo cumprimento do convenio, e co fin de interpretalo, cando proceda, constitúese unha comisión mixta de vixilancia formada por catro membros como máximo da representación de traballadores e outros tantos en representación da empresa, todos eles co seu respectivo suplente.

Compoñentes desta comisión:

Representantes da empresa: Luis Fugarolas Vila, José Antonio Valcárcel Tallos, José Luis López López e Miguel Rodríguez del Río.

Representantes dos traballadores: Mario Secundino Camino López, José Antonio Ingerto Díaz, José Manuel Campo López, e Fernando Pérez Rodríguez,

Actuarán como secretarios desta comisión dous dos seus vocais, un en representación da empresa e outro en representación dos traballadores, que levantarán acta conxunta das reunións.

Co exclusivo obxecto de dirixi-las reunións, sen poder decisorio ningún nin voto de calidade, desig

narase en cada reunión un presidente moderador. Este cargo será desempeñado alternativamente por un vocal da representación dos traballadores, e outro da representación empresarial.

Ámbalas representacións poderán asistir ás reunións con tres asesores, como máximo, que poderán ser alleos á empresa, os cales terán voz pero non voto.

As reunións desta comisión realizaranse cando o solicite calquera das partes. As convocatorias cursaranas os secretarios comunicando a orde do día. O domicilio da comisión mixta será o propio da empresa.

A comisión, por medio dos seus secretarios, publicará os acordos interpretativos do convenio, facilitando copias á empresa e á representación dos traballadores, no prazo que en cada caso se determine.

As decisións tomaranse considerando que cada vocal ten un voto.

Será da competencia da comisión regula-lo seu propio funcionamento.

Artigo 7º.-Arbitraxe.

Calquera discrepancia, individual ou colectiva que poida xurdir entre as partes, respecto á interpretación ou aplicación deste convenio, será sometida obrigatoriamente, pola parte ou partes que o promovan á comisión de vixilancia do convenio, que resolverá no prazo máximo de 20 días, desde a data en que a presentasen. Os seus acordos serán adoptados por maioría simple.

En caso de que esta non chegue a un acordo, a cuestión será sometida ó procedemento extraxudicial de solución de conflictos de traballo regulado na Resolución do 9 de marzo de 1992, da Dirección Xeral de Traballo e Promoción de Emprego, DOG do 8 de abril, texto revisado pola comisión paritaria do 15-3-1995, DOG do 4 de maio.

Recaída a dita arbitraxe ou obtida avinza previa, tanto en trámite conciliatorio como en trámite de mediación, ámbalas partes comprométense a cumprir nos seus propios termos a decisión que se adopte sen prexuízo das accións a que houber lugar.

Capítulo II

Política de emprego

Sección primeira

Disposicións xerais

Artigo 8º.-Contrato de traballo.

Na contratación de traballadores observarase o establecido na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro (BOE do 8 de xaneiro), sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 9º.-Período de proba.

Tódalas incorporacións de novos traballadores estarán sometidas a un período de proba que poderá ser de ata 9 meses para o persoal titulado e ata dous meses para o resto dos traballadores.

Durante este período tódolos dereitos e obrigas serán os mesmos que para o persoal fixo, a excepción da posibilidade de rescisión do contrato, que poderá producirse por decisión de calquera das partes cun aviso previo de 24 horas.

Artigo 10º.-Expediente de crise.

Tres meses antes de que a empresa solicite calquera expediente, abrirase unha información e discusión cos sindicatos e o comité de empresa.

Artigo 11º.-Xubilacións.

A xubilación será ós 64 anos, no caso de que a pedise calquera das partes, traballador ou empresa, e será regulada de acordo co Real decreto 1194/1984, do 17 de xullo (BOE do 20 de xullo).

No caso dos traballadores que cumprisen sesenta anos e se encontren diminuídos física ou psiquicamente polo desempeño do seu traballo, a empresa estudiará cada caso en particular, para proceder á súa xubilación ó cento por cento da súa base reguladora.

Sección segunda

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais, en cómputo trimestral, incluíndo media hora de bocadillo para a xornada continuada.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Acórdase reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.

3. Horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e estructurais: realización.

De acordo co disposto na Orde ministerial do 1 de marzo de 1983 e para efectos do regulamentado no artigo 7 do Real decreto 92/1983, entenderanse por horas estructurais as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, ou outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate ou mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

Para iso, notificaráselle así, mensualmente, á entidade laboral. En todo iso, haberá que se ater ó disposto na Orde ministerial do 1 de marzo de 1983.

4. Na empresa constituirase unha comisión, integrada por dous membros do comité de empresa e un representante da dirección, que terá as funcións seguintes:

a) Examinar se as horas extras realizadas no mes anterior se axustan a estas normas.

b) Facerlle propostas e suxestións á dirección da empresa.

c) Denunciar ante a dirección do centro os incumprimentos que puidesen observarse.

d) Recibir periodicamente (mensualmente) unha relación por grupos de traballo das horas realizadas, podendo acudir á sección de persoal para aclarar calquera dúbida que ó respecto se presente.

5. As horas extras repartiranse equitativamente entre os traballadores, cando a organización dos traballos o permita.

6. O importe das horas extras queda fixado na contía que para cada chanzo e antigüidade se sinala no anexo III.

Artigo 14º.-Días festivos.

Ademais dos establecidos no calendario laboral, establécese como festivo para tódolos efectos, o día catro de decembro, Sta. Bárbara, considerado como o día da patroa. En caso de coincidir este día con outro día de descanso, trasladarase a outro laboral.

En caso de coincidir algún dos días festivos en sábado, compensarase a todo o persoal que realice a súa xornada de traballo de luns a venres.

Artigo 15º.-Vacacións e permisos retribuídos.

O cálculo para os pagamentos destas percepcións efectuarase como se permanecese traballando.

Para todo o persoal, as vacacións serán de trinta días naturais.

Aqueles traballadores que, por motivos da empresa, non desfruten 19 días continuados na época de verán, poderán optar por percibi-la compensación económica sinalada no anexo IV, ou desfrutar 5 días laborables máis de vacacións, logo do acordo coa empresa.

Capítulo III

Prevención de riscos laborais

Artigo 16º.-Prevención de riscos laborais.

En todo o referido á prevención de riscos laborais e comité de seguridade e saúde, ámbalas partes acordan remitirse expresamente ó disposto na lexislación xeral vixente, Lei de prevención de riscos laborais, Lei 31/1995, do 8 de novembro, e normas que a desenvolvan.

Capítulo IV

Representación dos traballadores

Artigo 17º.-Representación dos traballadores.

En todo o referente ós órganos de representación dos traballadores, haberá que se ater ó disposto no título II do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores, así como na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e a restante lexislación que resulte de apli

cación. As horas sindicais serán acumulables entre os diferentes representantes dos traballadores.

Capítulo V

Retribucións

Sección primeira

Incremento salarial

Artigo 18º.-Incremento salarial.

As táboas salariais que figuran nos anexos I, II, III e IV foron incrementadas no 3,8%, sobre as vixentes o 31-12-2001 e o seu efecto retrotraerase ó 1 de xaneiro de 2002.

As táboas salariais expresaranse en euros.

A antigüidade rexerase polo disposto no artigo 23º.

Sección segunda

Conceptos retributivos

Artigo 19º.-Soldo base.

É a parte da retribución do traballador fixada por unidade de tempo; nel enténdense incluídos os complementos de posto de traballo que retribúen as condicións específicas dos postos de traballo, excepto o establecido no artigo 23º. O seu importe é o reflectido no anexo I.

Artigo 20º.-Prima de producción variable.

Establécese esta prima para todo o persoal, incluído o de ensacado, en función da producción de clinker, que será mínima segundo as cantidades que se expresan na táboa de salarios do anexo I, incrementándose o seu valor de acordo co aumento da producción de clinker, segundo anexo II. O cálculo dela efectuarase polo total anual móbil (TAM).

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Con motivo das festividades de Santiago e Nadal, a empresa aboará unha gratificación, pagadoira coas mensualidades de xuño e novembro, respectivamente.

O importe de cada unha delas será unha mensualidade do soldo convenio, antigüidade, e a prima mínima do anexo I, sen que en ningún caso se teña en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.

Artigo 22º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios aboarase coa mensualidade de decembro, e o seu importe será o correspondente a unha mensualidade de soldo base, antigüidade, e a prima mínima do anexo I.

En ningún caso se terá en conta o período de incapacidade laboral transitoria para o seu cálculo.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Tomarase para o seu cómputo o salario mínimo interprofesional, aplicándose as seguintes porcentaxes:

2 anos: 5%.

4 anos: 10%.

9 anos: 17%.

14 anos: 24%.

19 anos: 31%.

24 anos: 38%.

29 anos: 45%.

34 anos: 50%.

Actualizarase en cada momento e automaticamente segundo os incrementos do salario mínimo interprofesional.

Artigo 24º.-Complemento por quendas.

O traballo a quenda, entendéndose por tal o que se presta en xornada ininterrompida de oito horas, de mañá, tarde e noite, en quenda rotativa, gratificarase cun complemento, consistente no valor expresado no anexo IV. Os traballadores que presten os seus servicios en dúas quendas rotativas (mañá e tarde), gratificaranse cun complemento, segundo o valor expresado no citado anexo IV.

Devengarase este complemento mentres o productor realice as súas funcións segundo o disposto neste artigo, deducíndose unicamente deste cómputo o período en que se encontre de baixa por incapacidade laboral transitoria.

Tamén se devengará durante as vacacións proporcionalmente ó devengado por este concepto durante o período anterior, computado de vacación a vacación. Tamén terá dereito a este complemento o traballador que, estando a quenda o 70% do ano, sexa incorporado de forma temporal a quenda central ou dúas quendas, por necesidades da empresa.

Para os efectos do aboamento do complemento de quenda, establécese que será devengado tamén polo traballador que non está a quenda rotativa, e que por necesidades de servicio teña que ser incorporado de forma frecuente a este réxime, mentres dure esta situación.

Non se considerará en réxime de traballo a quenda o traballador que aínda tendo un horario de traballo coincidente cunha calquera das quendas, non efectúe rotación normal de horario, a menos que sexa por interese da empresa.

Artigo 25º.-Gratificacións traballos de Noiteboa, Noitevella e Reis.

O persoal que teña que traballar algunha noite destes días (do 24 ó 25 de decembro, do 31 de decembro ó 1 de xaneiro e do 6 ó 7 de xaneiro) será gratificado coa cantidade fixada no anexo IV por cada noite traballada.

Artigo 26º.-Complemento de distancia.

Terán dereito a este complemento os traballadores cando desde a súa residencia ó lugar de entroncamento co percorrido do servicio de ómnibus facilitado pola empresa medien máis de dous km.

Percibirán a cantidade estipulada no anexo IV por cada quilómetro percorrido de ida e volta e por cada xornada laboral, sen exclusión de ningún km percorrido.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

Pagaranse os gastos mediante a presentación de factura, incrementados nas cantidades sinaladas no anexo IV (axudas de custo, letra A). Tamén poderán opta-los traballadores por cobra-las cantidades da letra B) do citado anexo, sen que se paguen os gastos.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 28º.-Premios por vinculación.

A empresa establece un premio por vinculación ós traballadores que cumprisen vinte anos de antigüidade nela, ben de forma continuada ou alterna, sen ter roto o seu nexo laboral, así como aqueles traballadores que por xubilación, incapacidade total permanente, absoluta e gran invalidez ou falecemento non alcancen os 20 anos de antigüidade.

Este premio consistirá:

1. Nunha placa conmemorativa de prata.

2. Nun premio en metálico do que o importe se fixa no anexo IV.

3. Anulación de faltas leves, graves e moi graves en expediente laboral.

Artigo 29º.-Complemento enfermidade.

A empresa completará ata o 100% do salario convenio máis a antigüidade e a prima mínima, desde o primeiro día, se non se supera a porcentaxe de absentismo da sección; cando se superase esta porcentaxe de absentismo, a empresa completará ata o 100% dos conceptos citados a partir do día 25 da data de baixa. O servicio médico de empresa emitirá informe dos casos en que proceda aboar tal complemento, para o cal poderá efectua-los recoñecementos ou accións que estime oportunos.

Artigo 30º.-Axuda a diminuídos físicos e psíquicos.

Aqueles traballadores en situación activa que teñan a cargo fillos diminuídos, recoñecidos segundo as normas do INSS percibirán a cantidade mensual reflectida no anexo IV por cada fillo diminuído psíquico ou minusválido. Así mesmo, a empresa aboará os gastos que a Administración do Estado non cubra naqueles casos en que asistan a escolas de educación especial.

Artigo 31º.-Axuda de estudios.

1. Terán dereito a optar a esta axuda os fillos de productores en activo, de viúvas de traballadores e de xubilados.

2. As contías mínimas establecidas no anexo IV serán revisadas tódolos anos e cubrirán os seguintes conceptos:

Primaria 1º a 3º.

Primaria 4º a 6º e ESO 1º e 2º.

ESO 3º e 4º, BUP, COU, FP ou similares.

-Estudios técnicos e universitarios ou similares.

3. As contías anteriores incrementaranse segundo concorra o alumno nas seguintes circunstancias:

a) Cando teña que utilizar medios de transporte para acudir ó centro de estudios.

b) Se ademais do exposto na letra anterior, tamén ten que comer fóra da súa residencia familiar.

c) Cando deba residir fóra da súa residencia.

4. Os mínimos establecidos nos puntos 2 e 3 serán incrementados nun cincuenta por cento, para fillos de viúvas de traballadores e fillos de productores xubilados con ingresos medios mensuais que non superen a cantidade mensual sinalada no anexo IV.

5. Concederanse axudas económicas para estudios que tendan ó perfeccionamento dos traballadores, extensible ás súas esposas, dentro da súa liña de promoción, ou ben contribúa á elevación do seu nivel cultural, de acordo coa sistemática establecida nos puntos precedentes.

Artigo 32º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará, ó seu exclusivo cargo, unha póliza de seguros que cubrirá a tódolos traballadores en activo polos riscos de morte ou invalidez total ou absoluta, derivada de accidente ocorrido as 24 horas do día (excepto riscos extraordinarios excluídos pola compañía de seguros), e enfermidade profesional, pola contía recollida no anexo IV. O incremento do importe delas entrará en vigor con efectos desde o 1-8-2002.

Artigo 33º.-Transporte de accidentados e enfermos.

A empresa porá á disposición do persoal accidentado ou enfermo que teña que comparecer nos seus centros médicos o medio de transporte adecuado ou, no seu defecto, aboaralles ós traballadores que

estean nesta situación o importe correspondente a este traslado.

Capítulo VI

Disposicións derradeiras

Artigo 34º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman parte dun todo orgánico, indivisible e para efectos da súa interpretación e aplicación práctica, terán que ser consideradas globalmente sen que, por iso, sexa procedente acudir ás disposicións favorables e rexeita-las que na súa illada consideración non o sexan.

Artigo 35º.-Publicidade.

A empresa deberá ter exposto un exemplar deste convenio en cada un dos centros de traballo, para o debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 36º.-Normas supletorias.

No non previsto no presente convenio aplicarase a lexislación laboral de aplicación xeral vixente en cada momento e o reflectido no sétimo convenio colectivo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Efectuarase unha revisión das táboas salariais se o IPC o 31-12-2002 supera o 2,5%. Esta revisión aplicaráselles ás táboas salariais a partir do 1 de xaneiro do ano 2002, tendo efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro e o seu importe será o equivalente á diferencia entre o IPC real e o 2,5%.

Segunda.-Acórdase continua-los traballos da comisión que, composta por cinco membros de cada parte, ten por obxecto a elaboración dun novo texto que substitúa o convenio actual unha vez que finalice a vixencia deste convenio.

ANEXO I

Táboa de salarios con efectos do 1 de xaneiro de 2002 (importes en euros)

CategoríasEsc.Cód.Soldo base mesPrima fixa

e variable

Total mes

Subdirector de sección-6002 1.355,141.108,622.463,76

Técnicos titulados-6003 1.355,14600,321.955,46

Axudantes-6004 1.060,40694,391.754,79

Xefe admvo. 2ª, delte. sup., enc. laboratorio, físico, químico,

programación, cont. de fáb. e mestre de taller A

106005 970,95643,611.614,56

Ofic. 1ª admvo., X. quenda A, M. taller B e de Obras A,

enc. mantemento canteira

96006 941,49576,271.517,76

Enc. almacén e M. obras B86007 923,42560,121.483,54

Enc. B. móvil, X. quenda B, M. taller C, vixilante de obras76008 876,69500,771.377,46

Delineante, cod. pas e trailer, ofic. 1ª A66009 830,41458,141.288,55

Capataz5.16010 773,95490,051.264

Ofic. 2ª admvo., ofic. 1ª oficio B, perforista5.26011 773,95458,101.232,05

Ofic. 2ª oficio A, aux. organización46012 732,77404,101.136,87

Ofic. 2ª oficio B, persoal de ensacado36013 709,06394,151.103,21

Ofic. 3ª oficio, almaceneiro, telefonista, gardas e basculeiros26014 698,79376,161.074,95

Peóns1.16015 697,69375,691.073,38

Ordenanza e persoal de limpeza1.26016 697,69339,931.037,62

(Salario mínimo interprofesional: 442,20 euros.)

ANEXO II

Táboa xeral de euros/día de prima que se aplica desde o día 1-1-2002 (importes en euros)

Niveis ou chanzos

1.21.12345.25.1678910

6016 6015 6014 6013 6012 6011 6010 6009 6008 6007 6006 6005

60,59,449,829,8510,4310,7811,7812,3111,7813,2014,6714,9516,14

61,09,559,9810,0110,6010,9411,9912,5411,9913,4114,9115,2016,45

61,59,6510,1410,1610,7511,1012,1912,7812,2013,6215,1315,4616,76

62,09,7710,3010,3310,9111,2512,3913,0212,4013,8315,3715,7017,08

62,59,8810,4510,4811,0811,4212,6013,2612,6014,0215,6115,9517,39

63,010,0010,6210,6411,2311,5712,8113,4912,8114,2315,8516,2017,70

63,510,1010,7710,8011,3911,7313,0213,7213,0214,4416,0816,4518,01

64,010,2110,9310,9611,5511,8913,2113,9613,2214,6516,3216,7018,33

64,510,3311,1011,1211,7112,0513,4214,2013,4214,8416,5616,9518,64

65,010,4411,2511,2711,8612,2113,6314,4413,6315,0516,7817,2018,95

65,510,5511,4111,4312,0212,3613,8414,6813,8415,2617,0217,4619,27

66,010,6611,5711,5912,1912,5214,0314,9214,0415,4717,2617,7119,58

66,510,7711,7311,7512,3412,6714,2415,1414,2415,6617,4917,9619,89

67,010,8911,8911,9112,5012,8414,4515,3814,4515,8717,7318,2120,20

67,510,9912,0412,0612,6613,0014,6615,6214,6616,0817,9718,4620,51

68,011,1112,2112,2212,8213,1514,8515,8614,8616,2918,2018,7020,83

68,511,2212,3612,3812,9813,3115,0616,1015,0616,4818,4318,9521,14

69,011,3312,5212,5413,1413,4715,2716,3415,2716,6918,6719,2121,46

69,511,5012,7512,7613,3713,7115,5616,6915,5716,9718,9919,5521,88

70,011,6712,9612,9913,6013,9615,8617,0315,8617,2419,3019,8922,32

70,511,8313,1813,2013,8314,2116,1517,3916,1517,5219,6120,2322,75

71,012,0013,4013,4214,0614,4616,4417,7416,4417,7919,9220,5723,19

71,512,0513,4913,5314,1514,5216,5617,8616,5717,9320,0720,7323,38

72,012,1113,6013,6214,2414,6216,6817,9916,6818,0620,2320,8923,57

72,512,1713,6913,7114,3214,6616,7918,1116,7918,2020,4021,0523,76

73,012,2313,8013,8114,4114,7316,9118,2316,9118,3320,5521,2223,96

73,512,3313,9513,9614,5614,9017,1218,4717,1218,5320,7921,4724,27

74,012,4514,1114,1214,7315,0517,3218,7017,3218,7421,0221,7124,58

74,512,5614,2714,2814,8815,2117,5218,9417,5218,9421,2621,9624,89

75,012,6714,4314,4415,0415,3717,7319,1817,7319,1521,5022,2125,20

75,512,7814,5814,5915,2115,5217,9419,4117,9419,3621,7322,4625,51

76,012,8914,7514,7515,3615,6818,1419,6518,1419,5621,9622,7125,83

76,513,0114,9114,9215,5215,8418,3519,8918,3419,7622,2022,9726,15

77,013,1115,0615,0715,6816,0018,5520,1318,5519,9722,4323,2226,46

77,513,2215,2315,2315,8416,1518,7620,3718,7620,1822,6723,4726,77

78,013,3415,3815,3816,0016,3218,9620,6018,9620,3822,9123,7227,08

78,513,4515,5415,5516,1616,4719,1720,8319,1620,5823,1423,9727,39

79,013,5615,7015,7016,3216,6319,3721,0719,3720,7923,3824,2227,70

79,513,6715,8615,8616,4716,7819,5821,3119,5821,0023,6124,4728,03

80,013,7816,0216,0216,6316,9419,7821,5519,7821,2023,8424,7328,34

ANEXO III

Valor das horas extraordinarias desde o 1-1-2002 (importes en euros)

Esc.Esc.05%10%17%24%31%38%45%50%

160159,369,8110,2510,8711,4812,0912,7213,3113,84

260149,419,8510,2910,9111,5212,1312,7613,3513,89

360139,5910,0410,4711,0911,7112,3212,9313,5514,09

460129,8010,2310,6811,2911,9112,5313,1413,7514,30

5601110,1810,6311,0911,7212,3512,9913,6214,2514,82

6600910,3210,7611,2211,8512,4913,1213,7514,4014,97

7600810,4610,9111,3712,0012,6313,2713,9014,5515,13

8600710,7811,2411,7012,3412,9913,6414,2814,9515,55

9600610,9411,4111,8612,5113,1513,8014,4415,1215,73

10600511,1111,5612,0312,6713,3213,9614,6015,2915,90

ANEXO IV

Importes dos conceptos económicos

desde o 1-1-2002 (importes en euros)

ArtigoConceptoImporte

15Vacacións fóra de período (euros/ano)156,65

24Quenda rotativa 3 quendas (euros/mes)216,32

Quenda rotativa 2 quendas (euros/mes)62,05

25Noiteboa, Noitevella e Reis (euros/ano)102,67

26Complemento distancia (euros/km)0,22

27Axudas de custo (euros/día)

A) Axuda de custo completa máis gastos con factura14,55

Media axuda de custo máis gastos con factura7,28

B) Axuda de custo completa sen gastos55,53

Media axuda de custo sen gastos27,77

28Premio vinculación1.446,96

30Axuda minusválidos (euros/mes)82,15

31Axuda por estudios curso 2002-2003 (euros/ano)

Primaria 1º a 3º81,01

Primaria 4º a 6º e ESO 1º e 2º161,01

ESO 3º e 4º, FP, BUP, COU337,14

Estudios técnicos, universitarios586,46

a) Transporte para acudir ó centro40,23

b) Transporte e comida122,11

c) Residencia fóra do seu domicilio habitual241,62

Ingresos máximos apdo. 4º765,09

32Seguro de accidentes desde o 1-8-200237.431,04

Outros conceptos:

Gratif. traslado canteira (euros/mes)168,35

Complemento de mando (euros/ano) de 0 a:8.944,83