Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 22 de agosto de 2002, o proxecto técnico para a contratación da obra de abastecemento e auga: Obra, Sabrexo, S. Pedro, redactado polo enxeñeiro de camiños Alfonso Enríquez Moure, queda exposto ó público na Secretaría deste Concello, durante o prazo de quince días hábiles, -que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP-, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o citado concurso público, por procedemento aberto e urxente, da citada contratación, expoñéndose ó público por un prazo de quince días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego de bases, restablecéndose o que reste a partir do día seguinte da resolución destas.

Obxecto: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto e urxente, da obra de abastecemento e auga: Obra, Sabrexo, S. Pedro.

Tipo de licitación: é o seguinte: 86.696,34 euros.

Prazo de execución: 6 meses desde a notificación da adxudicación.

Garantía: a provisional establécese en 1.733,93 euros. A definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na Secretaría do Concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás 9 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicacióin: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego de condicións. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 26 de agosto de 2002.

O alcalde presidente

Rubricado