Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2002 pola que se anuncia poxa para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante poxa, das obras:

1. Alargamento E.P. 5102 A Lamosa-A Franqueira-As Achas (Covelo): 74.443,11.

2. E.P. 9103 Rampla Meloxo (O Grove): 64.878,80.

3. Iluminación pública C-531 a Castro de Agudín (Vilagarcía): 66.451,35.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 12 de setembro de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado