Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial de delimitación dunha unidade reparcelable na rúa Aragón (expediente 33442/421).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 18 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestimar parcialmente a solicitude presentada con data do 27-4-2002 pola entidade mercantil Promociones Justo Aragón, S.L. sobre delimitación dunha unidade reparcelable na r/ Aragón nº 100, en canto a extensión do ámbito da unidade.

Segundo.-Aprobar inicialmente a delimitación dunha unidade reparcelable entre as rúas Aragón e Redomeira, coa extensión fixada polo arquitecto municipal no seu informe de 13-10-2000, que afecta ós seguintes predios e propietarios:

Parcela

Ref.

catastral

Localización

Propietario (segundo IBI)

Domicilio

14862417

4862418

Aragón 100 APromociones Justo Aragón, S.L.

Progreso, 13

24862408Redomeira 101Carmen Estévez Alén

Redomeira, 101

34862412Redomeira 91Soledad Ferreira Viéitez

Torrecedeira, 22-7º

44864213Redomeira 89Gonzalo López Fernández

Cr. Hidum, 23-2º, Melilla

5486214Redomeira 87Hdros. Benigno Tomé Dopico

Redomeira, 87, Vigo

6486215Redomeira 85Hdros. Benigno Tomé Dopico

Redomeira, 87, Vigo

7486216Redomeira 83Hdros. Benigno Tomé Dopico

Redomeira, 87, Vigo

84862409Redomeira 97Mercedes Vidal Vilaboa

Redomeira, 97

94862410Redomeira 95Josefa Díaz Villar

Sanjurjo Badía, 33-1º

104862411Redomeira 93Victorino Sánchez Varela e outro

Aragón, 131

Terceiro.-Somete-lo presente procedemento ó trámite de información pública, polo prazo de vinte días, contados a partir do da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, con notificación persoal ós propietarios afectados».

O expediente atópase á disposición do público na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 27 de agosto de 2002.

Xabier Toba Girón

Alcalde-presidente acctal. da Xerencia Municipal

de Urbanismo