Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización na rúa Pedro Alvarado (expediente 4319/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de xuño de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar totalmente, estimar parcialmente e desestima-las alegacións interpostas durante o trámite de información pública no procedemento de referencia, no sentido e polos motivos que se precisan na parte expositiva deste acordo e se recolle xa na última versión do proxecto de urbanización.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Pedro Alvarado e do Camiño de Maceiras (Teis-acceso a Vulcano), redactado pola Oficina Municipal de Actuacións Viarias e asinado polo enxeñeiro Santiago López Fontán, na súa última versión, de maio de 2002 (expediente 4319/401).

Terceiro.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras, efectuarase un replanteo destas en coordinación cos técnicos do Departamento de Vías e Obras do concello. Tamén debe comunicarse o inicio e finalización das obras ó departamento municipal de Servicios Electromecánicos, para a comprobación da rede de iluminación pública.

Cuarto.-Remítaselle un exemplar do proxecto de urbanización á Administración autonómica para que inicie os trámites de licitación e adxudicación das obras.

Quinto.-Notifíqueselles o contido íntegro deste acordo ós alegantes, propietarios do ámbito e demais interesados, coa advertencia de que contra el cabe

interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Notifíquese tamén á CPTOPV da Xunta de Galicia e ós departamentos municipais de Vías e Obras, Servicios Electrodomésticos, Parques e Xardíns e Actuacións Viarias. Publíquese no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 21 de agosto de 2002.

Xabier Toba Girón

Alcalde-presidente accidental

da Xerencia Municipal de Urbanismo