Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do 13 de setembro de 2002, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares, por medio de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da obra, incluído o proxecto técnico da construcción da estructura do edificio para centro socio cultural, xuvenil e da terceira idade.

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas contra este que, de se presentaren, serán resoltas polo mesmo órgano que o aprobou.

Ó mesmo tempo, e para o caso de que non se presenten, convócase licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Rianxo.

2. Proxecto: contratación da estructura do edificio para centro socio cultural, xuvenil e da terceira idade.

3. Orzamento base de licitación: 384.648,004 (IVE incluído).

4. Prazo de execución: 6 meses. Antes do día 10 de novembro de 2002, o adxudicatario deberá xustifica-lo investimento de 228.384,60 A.

5. Clasificación: grupo C, subgrupos 2 e 3, categoría D.

6. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

7. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Rianxo, das 9 ás 12 horas.

8. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

9. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas no Concello de Rianxo, ás 20 horas (agás sábados).

11. Pregos: serán aplicables a este procedemento o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares da deputación e os seus anexos publicados no BOP nº 205, do 6-9-2002, e o cadro de características específico da obra.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 13 de setembro de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde