Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 10 de setembro de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante do dito plan polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Durante o dito prazo calquera entidade ou

persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante no PXOM nas dependencias municipais, e presenta-los escritos de alegacións que coiden convenientes.

Conforme o acordo de aprobación inicial, non se suspenden as licencias contrarias ás previsións da nova ordenación por non transcorre-lo prazo de cinco anos previsto no artigo 34.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, desde a anterior suspensión das licencias con idéntica finalidade, adoptada polo pleno na sesión ordinaria do 2 de xuño de 1998.

Rianxo, 11 de setembro de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde