Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión extraordinaria celebrada o día 5 de setembro de 2002, aprobou a contratación por concurso en procedemento aberto e por vía de urxencia do equipamento da gardería infantil municipal, pola contía de 33.050 euros (IVE incluído).

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións: farase na casa do concello ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría xeral do concello, en horas de oficina.

Modelo de proposición: os licitadores formularán as súas ofertas axustándose ó modelo de proposición recollido no anexo ó prego de condicións.

Mondoñedo, 10 de setembro de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde