Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de agosto de 2002, acordou inicia-los trámites para a contratación da concesión da obra pública que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou os correspondentes pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora e datos para a obtención de información: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60, fax: 986 78 06 38.

Obxecto do contrato: concesión da obra pública consistente na construcción dun aparcadoiro subterráneo no subsolo da praza Vella do Mercado, e subseguinte explotación logo de execución.

Orzamento orientativo: 2.742.992,01 A.

Prazo para a execución das obras e duración da concesión: 12 meses e 50 anos, respectivamente.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 54.859,84 A.

Exame do expediente: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares foron publicados no BOP de Pontevedra nº 172, do 9 de setembro de 2002. Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán acredita-la solvencia técnica mediante a correspondente clasificación empresarial bastante para a execución das obras descritas no proxecto de execución presentado.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será publicado no DOG e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello

ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 40 días naturais contados a partir da publicación deste anuncio e das nove ás trece horas. As ofertas manteranse durante cinco meses.

Apertura de proposicións: a data e hora da apertura das proposicións, terá lugar na casa do concello, será notificada por calquera medio e de forma persoal ós licitadores.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 12 de setembro de 2002.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental