Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto nomeado L.A.T. 220 kV de PE Monte Castelo a sub. Portodemouros, no municipio de Vila de Cruces. (Expediente IN407A 00/237-4).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da L.A.T. 220 kV de PE Monte Castelo a sub. Portodemouros, sita no termo municipal de Vila de Cruces (Pontevedra),

por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de data 5 de setembro de 2002, a favor da entidade beneficiaria Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na avenida do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

Esta delegación provincial acorda sinala-los días que máis abaixo se indican, no Concello de Vila de Cruces, como punto de reunión previo para desprazarse posteriormente ó terreo para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables que son obxecto de expropiación forzosa, servidumes permanentes de paso e ocupación temporal por obras, contidos na relación de predios que se xunta e se expón con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vila de Cruces, deducida do acordo da Delegación Provincial de Industria e Comercio de Pontevedra do 21 de xaneiro de 2002 que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia de data 1 de febreiro de 2002; actos ós que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual,

sinalándoselle-la data e hora do levantamento efectivo das actas.

PrediosDataHora

Nº 380-B a 3921 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 394 a 4051 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 353 a 3682 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 369 a 3782 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 318 a 3373 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 341 a 3523 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 288 a 2858 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 289 a 316-C8 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 224 a 2419 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 242 a 2849 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 176 a 19210 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 193 a 22310 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 104 a 14015 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 141 a 17515 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Nº 9 a 6517 de outubro de 2002A partir das 10 horas

Nº 67 a 103 e P.I. Alberto I17 de outubro de 2002A partir das 11 horas

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

Vigo, 16 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL