Por instancia da sociedade Gestión de Balnearios, S.L., a Consellería de Industria e Comercio resolveu, unha vez cumpridos tódolos preceptos legais e regulamentarios, o seguinte:
Declara-la condición de minero-medicinal e termal as augas do manancial denominado Río Caldo, nº 60, sito no termo municipal de Lobios (Ourense); declaración que queda suxeita ós requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das autas minerais, termais de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ourense, 21 de agosto de 2002.
P.S.L. (Resolución 22-7-2002)
Gabriel Diéguez Domínguez
Secretario provincial