Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de obra que se citan.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño), faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Ampliación de 6 unidades no CEIP A Rabadeira de Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. (Dicsa).

Orzamento: 478.500 euros.

-Ampliación do CEIP Sobrada-Tomiño (Pontevedra).

Adxudicatario: A. y R. Gómez Crespo, S.L.

Orzamento: 237.591,29 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 de la Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria