Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2002 pola que se anulan os números 2 e 3 do epígrafe a) da Resolución do 12 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/PO/90.1 e cinco máis.

Advertidos erros nos seguintes expedientes:

Clave N/PO/89.17, da asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra acondicionamento da PO-212 Agolada N-640, Rodeiro C-533, clave PO/99/049.01, da asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra nova estrada alternativa norte á C-550 na ponte da Barca. Treito: a ponte da Barca (Poio) C-531; convocados por Resolución do 12 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/PO/90.1 e cinco máis.

RESOLVO:

Anula-los números 2 e 3 do epígrafe a) da Resolución do 12 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/PO/90.1 e cinco máis, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 160, do 21 de agosto de 2002.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda