O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, con data do 11 de setembro de 2002, resolveu declarar deserto, por falta de licitadores, o concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Gondomar (Pontevedra).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do real decreto lexislativo polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002.
P.D. (Orde 25-10-1983)
Mª José Bravo Bosch
Directora xeral de Transportes