Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 19 de agosto de 2002, de la Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de Fonteo (Baleira-Lugo).

Acordada por Decreto 202/1999, do 25 de xuño, (DOG nº 130, do 8 de xullo), a concentración parcelaria da zona de Fonteo (Baleira-Lugo), anúnciase que os traballos de investigación da propiedade darán comezo o día seguinte de ser publicado o último dos avisos que corresponde facer no DOG, no BOP, no diario de máis difusión da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e no lugar habitual da parroquia, e desenvolveranse durante o prazo de vinte días prorrogables, en lugar axeitado da zona.

Co fin de reuni-los datos necesarios para establece-las bases de concentración, requírense os propietarios, rendeiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera gravame, para que no prazo sinalado, presenten os títulos ou documentos nos que fundamenten os seus dereitos.

Tamén se lles notifica a tódolos que aproveitan augas públicas para que declaren o predio ou predios que regan con estas, e se tal aproveitamento está inscrito no rexistro correspondente.

Os predios que non sexan declarados, serán consideradas como de dono descoñecido e daráselles o destino sinalado nas disposicións vixentes.

A falsidade nas declaracións dará lugar, á parte das sancións penais, á responsabilidade polos danos e prexuízos que se ocasionen.

Lugo, 19 de agosto de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo