Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)

EDICTO (289/2001).

Mª Luz Rico Recondo, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, sección cuarta, fago saber que nesta sala se segue o recurso de casación para a unificación da doutrina número 289/2001, interposto por María Dolores Álvarez González e outros, contra o grupo empresarial Ence, S.A. e outros, foi dictada a seguinte resolución:

«Cédula de notificación e emprazamento.

No recurso de casación para a unificación de doutrina á marxe referenciada, interposto pola parte demandada grupo empresarial Ence, S.A. e sendo

parte recorrida Mª Dolores Álvarez González e outros e Ministerio Fiscal, dictouse a seguinte:

En Madrid o 9 de maio de 2002.

Providencia.

Luelmo Millán.

Presidente.

Gilolmo López.

Ureste García.

Tense por preparado en tempo e forma pola parte demandada no procedemento, recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentencia dictada neste proceso. Iníciese peza separada co escrito de preparación do citado recurso. E segundo o establecido no artigo 206 da vixente Lei de procedemento laboral, emprácense as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a Sala do Social do Tribunal Supremo que vai usar do seu dereito no prazo de quince días hábiles e no prazo de vinte días, proceda a interpoñe-lo recurso, contados ámbolos dous prazos desde a data de notificación da presente cédula, e verificado, remítanse as actuacións dentro dos cinco días seguintes ó do emprazamento con atento oficio ó dito alto tribunal.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes».

Na súa virtude, para que sirva de notificación e emprazamento á parte a quen, por medio da presente cédula, emprazo para que no prazo de quince días, compareza ante a Sala do Social do Tribunal Supremo a facer uso do seu dereito en mérito do recurso de casación interposto, expido a presente cédula en Madrid e coa mesma data da resolución dictada.

O secretario.

Rubricado.

E para que sirva de notificación a Isolino Portela Castro, actualmente en domicilio descoñecido ou ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Madrid o 3 de setembro de 2002.

O secretario

Rubricado