Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (02/4877/2002).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Ramón de Uña Piñeiro, en nome e representación de José Luis González Alonso, Trinidad Domeque Fernández, Agustín López Cao, Luis Paz Casal, Eloy García Alonso, Mª Antonia Fernández Puentes, Nieves Cándida Gil Rodríguez e Vicente David de Becerra Gil, contra Acordo do 29 de abril de 2002, polo que se aproba definitivamente o texto refundido do Plan especial de reforma interior I-01-Pazos e contra outro do Consello da Xunta de Galicia do 29 de abril de 1993 (Diario Oficial de Galicia nº 87, do 10 de maio).

Recurso número: 02/0004877/2002.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 2 de setembro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO

SOCIAL-SECCIÓN CUARTA)