Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.879

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes no Consello Consultivo de Galicia.

De acordo co artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e 67 e 68 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, do 12 de xullo, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei,

DISPOÑO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer a ela tódolos funcionarios que reúnan as condicións que para os devanditos postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello Consultivo de Galicia (r/ Algalia de Abaixo, número 24, 2ª planta, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada dos méritos que se aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-De conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, será requisito indispensable ser funcionario/a da Comunidade Autónoma de Galicia á presentación da solicitude.

Sexto.-Esta convocatoria será resolta polo Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballo se se considera oportuno.

Oitavo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino ou dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

ANEXO I

Código posto: 037.

Denominación do posto: secretario/a conselleiro/a.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupos: C-D.

Nivel complemento destino: 20.

Complemento específico: 3.911,76 euros.

Formación específica: 022 (mecanografía/tratamento de textos/informática).

Código posto: 038.

Denominación do posto: secretario/a conselleiro/a.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupos: C-D.

Nivel complemento destino: 20.

Complemento específico: 3.911,76 euros.

Formación específica: 022 (mecanografía/tratamento de textos/informática).

Código posto: 039.

Denominación do posto: secretario/a conselleiro/a.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupos: C-D.

Nivel complemento destino: 20.

Complemento específico: 3.911,76 euros.

Formación específica: 022 (mecanografía/tratamento de textos/informática).

Código posto: 040.

Denominación do posto: secretario/a conselleiro/a.

Centro directivo: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupos: C-D.

Nivel complemento destino: 20.

Complemento específico: 3.911,76 euros.

Formación específica: 022 (mecanografía/tratamento de textos/informática).

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o presidente do Consello Consultivo de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 13.878.

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)