Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CAMBADOS

EDICTO (204/2001). Cédula de notificación e requirimento.

En autos de xuízo de modificación de medidas definitivas seguidos neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados co número 204/2001 por instancia de Marcelino Álvarez Ríos contra María de los Ángeles Otero Vidal dictouse

resolución desta data que contén o seguinte particular:

Luisa Marina Barrio Calle, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados, dou fe:

Recaeu sentencia cun encabezamento e dictame que son como segue:

Sentencia:

En Cambados, 16 de xullo de 2002.

Visto por mín, María Teresa Rubio Cabrero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un de Cambados e o seu partido xudicial, os presentes autos de modificación de medidas seguidos neste xulgado co número 204/2001, por instancia de Marcelino Álvarez Ríos, representado polo procurador Gabriel Santos Conde, e dirixido polo letrado Jesús G. Espeso Zúñiga, contra María Ángeles Otero Vidal, en situación procesual de rebeldía, e vistos os seguintes,

Seguen feitos e fundamentos xurídicos:

Decido que con estimación total da demanda interposta polo procurador Gabriel Santos Conde en nome e representación de Marcelino Álvarez Ríos, debo modificar e modifico a medida adoptada en sentencia de divorcio relativa á pensión alimenticia fixada naquela a favor do fillo de Tomás Álvarez Otero, no sentido de deixala sen efecto, todo iso sen especial pronunciamento no tocante ás custas.

E para que lle sirva de notificación á demandada en paradoiro descoñecido María de los Ángeles Otero Vidal, expido esta cédula en Cambados, 22 de xullo de 2002.

A secretaria

Rubricado