Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.875

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

O tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), na sesión que tivo lugar o 23 de agosto de 2002, acordou que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará en chamamento único, o venres 18 de outubro de 2002, na Escola Galega de Administración Pública; rúa Madrid nº 2-4, (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

A realización do exercicio comezará ás 9.30 horas e os opositores deberán estar presente na escola ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de bolígrafo e do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade ó xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2002.

Juan Luis Ecénarro Tomé

Secretario do tribunal